viernes, 5 de mayo de 2017

Visita ao Río Asma

O pasado 4 de abril parte dos alumnos de 4º da ESO e 2º de bacharelato, acompañados dos profesores do departamento de Bioloxía,Gladys e Miguel Pavón, realizamos unha visita ao río Asma. Alí comprobamos a calidade da auga e o estado xeral do río, seguindo parámetros químicos e biolóxicos.
   Ramsés Pérez, coordinador de ADEGA, grupo que se preocupa por comprobar a calidade dos ríos galegos, deunos unha charla sobre o traballo que realizan, e a continuación procedemos a analizar a calidade do río.
Na seguinte imaxe podemos observar como realizamos un estudo sobre os bioindicadores presentes no río Asma. Cunha ficha, puntuamos a calidade do río segundo os organismos que había na auga.
Tamén analizamos parámetros químicos, como pH, os nitratos ou o osíxeno disolto na auga, recollendo a auga do río en tubos de ensaio.