viernes, 5 de mayo de 2017

Visita ao Río Asma

O pasado 4 de abril parte dos alumnos de 4º da ESO e 2º de bacharelato, acompañados dos profesores do departamento de Bioloxía,Gladys e Miguel Pavón, realizamos unha visita ao río Asma. Alí comprobamos a calidade da auga e o estado xeral do río, seguindo parámetros químicos e biolóxicos.
   Ramsés Pérez, coordinador de ADEGA, grupo que se preocupa por comprobar a calidade dos ríos galegos, deunos unha charla sobre o traballo que realizan, e a continuación procedemos a analizar a calidade do río.
Na seguinte imaxe podemos observar como realizamos un estudo sobre os bioindicadores presentes no río Asma. Cunha ficha, puntuamos a calidade do río segundo os organismos que había na auga.
Tamén analizamos parámetros químicos, como pH, os nitratos ou o osíxeno disolto na auga, recollendo a auga do río en tubos de ensaio.




 



miércoles, 4 de noviembre de 2015

XIX Concurso de fotografía “ Ollando os Cogomelos”

Bases:
Poderá participar calquera membro desta comunidade escolar. O tema da fotografía será sobre o mundo dos cogomelos. Os traballos, que serán 3 fotografías como máximo, incluirán as fotas impresas, co correspondente CD ou o enderezo electrónico desde o que a foto se remite ao noso blog bioxeolama@gmail.com Toda a documentación presentarase baixo o sistema de plica. As obras entregaranse na Secretaría do Centro antes do día 27 de novembro deste ano. O Xurado estará constituído polos membros do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e de dous alumnos do centro.
O PREMIO ( primeiro e único) consistirá nunha tablet.

 
Fota gañadora do Gañador  do  XVIII  concurso fotográfico “Ollando ós Cogumelos”
Autor: Carlos Rodríguez Gómez (2º ESO)

lunes, 29 de octubre de 2012

XVII Concurso de fotografía “ Ollando os Cogomelos”

Bases: Poderá participar calquera membro desta comunidade escolar O tema da fotografía será calquera aspecto sobre o mundo dos cogomelos.
Os traballos, que serán 3 fotografías como máximo, incluirán as fotas impresas, os seus negativos ou no caso de fotografías dixitais, o correspondente CD ou o enderezo electrónico desde o que a foto se remite ao noso blog bioxeolama@gmail.com
Toda esta documentación presentarase baixo o sistema de plica.
As obras entregaranse na Secretaría do Centro antes do día 27 de novembro deste ano.
O Xurado estará constituído polos membros do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e de Plástica.
O PREMIO ( primeiro e único) consistirá nun lector de e-book.
Fotografía gañadora -Curso 2011/2012 (Autora: Clara García Failde)
Organiza o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do I.E.S. “Lama das Quendas”

viernes, 17 de diciembre de 2010

Proteínas invisibles

Neste artigo da revista "El Cultural" se estudia o papel das proteínas que non teñen unha estructura definida, o cal era unha condición necesaria para a súa actividade biolóxica. Sin embargo, estas proteínas que estan intrínsecamente desordenadas, teñen funcións importantes para a vida e actualmente, se está estudiando a súa relación no cancro, no Alzheimer e no Parkinson por un grupo do IRB de Barcelona liderado por Pau Bernardo e Miquel Pons.
Recomendamos a lectura do seguinte artigo no enlace:

martes, 30 de noviembre de 2010

GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “OLLANDO ÓS COGUMELOS”  CURSO 2010-2011

1º PREMIO:            FABRICIO SAMPEDRO VIANA



2º PREMIO:             SARA DIÉGUEZ FERREIRO
Tamén fixemos unha exposición fotográfica cooas fotos gañadoras e as mellores fotogragrafías. Está situada diante do salón de actos no pasillo principal.